top of page
Buscar
Alberto

4º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 11 ao 15 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Actívate!

Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.

2. Reto: O baile da escaleira

Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s de 4º. Os nen@s poden gravarse subindo unhas escaleiras. Podedes empezar por un nº pequeno, para practicar e ir aumentándoo a medida que vos saia. O reto consiste en subir unhas escaleiras facendo este divertido baile!

E algo moi importante, con coidado! Traballo dos desprazamentos, saltos e da coordinación.

Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:



3. Reto: Cambio de cadeira

Propóñovos este reto. Precísase de dúas cadeiras. O reto consiste en cambiar dunha cadeira a outra sen empregar as mans nin tocar cos pés no chan. Se facedes iso, debedes comezar de novo o reto. Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo da coordinación, do autocontrol así como da confianza.

Aquí o enlace dun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Sara, cun exemplo para que vexades en que consiste:

4. Reto: Flex Challange

Vamos poner a proba a vosa flexibilidade! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste en tombarse no chan boca abaixo e intentar levantarse sen usar as mans! É bastante complicado!jejej Sodes capaces de conseguilo? Moito ánimo!! Traballo dos xiros, do control postural, da coordinación, a flexibilidade e da confianza.

Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:

5. Reto “A serpe”

Reto individual no que precisades dunha vasoira e por exemplo de varios rollos de papel hixiénico sobre os que apoiar a vasoira, coma se formase un limbo sobre o que hai que pasar sen tiralo reptando polo chan. Cantas veces sodes capaces de pasar nun só minuto? Intentade superar o voso propio récord!jejejej Traballo dos desprazamentos, coordinación e control postural.

Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dun compañeiro de EF, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:

6. Reto Atrapa o folio coa boca

Reto individual no que precisades dun folio e un rollo de papel hixiénico. Colocamos o rollo no chan, doblamos a folla pola metade en vertical e colocarémolo sobre o rollo de papel hixiénico. Intentaremos collelo coa boca pero apoiando só un pé, é dicir, á pata coxa. Moito ánimo con este reto!!

Se o conseguides e queredes intentar o paso máis complicado, sería poñendo o folio sobre o chan, sen o rollo de papel. Traballo do equilibrio, da coordinación e do control postural.

Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Laura, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

21 visualizaciones0 comentarios

コメント


Post: Blog2_Post
bottom of page