A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: O Triatlón da casa
Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s do cole. Os nen@s poden gravarse facendo o seu propio triatón dentro da casa. As probas serán simular que están nada, andar ou simular o ir en bici e por último a carreira a pé ou a súa simulación. Agardo que saquedes toda a vosa creatividade e imaxinación!!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.
Aquí o enlace dun vídeo no que se simula esta especie de triatlón:
2. Actívate!
Nova proposta para activarnos e manternos en forma nestes días cun novo vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.
3. Bailamos...nova coreo!
Os nen@s bailaran libremente esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun novo vídeo dunha coreografía! Son só algunhas ideas, vós podedes facer os vosos propios pasos. Quero vervos bailando!! Animádevos! Estas son só algunhas ideas, sei que vós sodes capaces de crear os vosos propios pasos!! Incluso podedes gravarvos e logo ver o resultado! Será espectacular!
4. O reloxo
Precisamos dunha persoa adulta ademais dunha corda ou dunha variña pequena. Facer coma os movementos dunha agulla do reloxo a unha altura próxima ao chan e o nen@ cando lle vaia "a agulla" deberá salta sen tocala. Traballo dos saltos e da coordinación.
5.Cuidado que te pegas un tortazo!!
Xogo no que se precisa de outra persoa ademáis do nen@. O obxectivo do xogo é pasar dun punto A a outro B sen tocar ningún obstáculo e cos ollos tapados.
Por exemplo nun dos corredores da casa, ou en outro espazo, podedes empezar colocando 3 obxectos (logo podedes incrementar a dificultade). Por exemplo, o o pai ou nai comeza colocando os obstáculos. O nen@ observa onde están situados e logo tápanselle os ollos. A continuación, ten que intentar chegar da saída á meta sen tocar ningún obxecto, se o toca, cambio de turno. E así sucesivamente. Cada vez que se supere vaise facendo o circuito máis complexo (por exemplo engadindo 1 obxecto máis cada vez). Traballo dos desprazamentos, coordinación, memoria e confianza. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste!
6. Aterriza como poidas
Nesta actividade precísase de outra persoa ademáis do nen@. Cada un fai o seu avión de papel. Unha vez que o teñades, será o turno dunha persoa de lanzar o avión e a outra persoa ten que intentar que non caia ao chan, é dicir, que aterrice nas súas mans. Variante: Podedes establecer puntuacións, por exemplo, se colledes o avión 1 punto e se cae ao chan 0. Traballo da coordinación, do autocontrol e da creación dos propios materiais de xogo. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste o xogo.
Aquí vos deixo o enlace a un vídeo sobre como se constrúe un avión de papel:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments