A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: Propón o teu reto!!
Unha nova dimensión dos retos. Propón o teu reto!!! Esta actividade consiste en que propoñades un reto coma os que fixemos ao longo destas semanas, pero neste caso a proposta é vosa, polo que tedes total liberdade para deseñar e enviar o voso reto. Estou seguro que sairán retos increíbles!!!
2. Reto das zapatillas
Ao longo dun corredor da casa ou de un espazo con algo de amplitude, temos que colocar unha ou dúas zapatillas con distintas disposicións (exemplo no vídeo). Logo o nen@ fará ese recorrido (non será moi longo) saltando e colocando os seus pés na mesma disposición na que están situadas as zapatillas. Traballo dos desprazamentos, saltos, xiros e coordinación óculo – pé entre outros.
A continuación deíxovos o vídeo dun compañeiro de EF, Fabián, para que vexades en que consiste:
3. Reto: Torre de Pisa
O seguinte reto consiste en facer unha torre con rollos de papel hixiénico en vertical sen que vos caia. Seredes capaces de aguantar?jejej Cal é o maior número de rollos co que o conseguides? Veña ese equilibrio!!jeje Traballo de equilibrio dinámico con obxectos, coodinación, axilidade e autoconfianza.
Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, David:
4. Reto: Somos de goma
Reto individual no que se necesita axuda dunha persoa adulta. Neste caso consiste en que o nen@ a través do seu corpo e coa axuda de outros obxectos que teñades nos vosos fogares ou mesmo de outra persoa, faga as letras do seu nome unha por unha. O reto consiste en sacar diferentes fotos a cada “letra” e logo ver como queda o nome do nen@ feito co seu corpo e a axuda de algún obxecto ou persoa. Animádevos con este divertido reto!! Traballo da expresión corporal, da coordinación, dos xiros, entre outros.
A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:
5. Reto: Emoji Challenge
Vamos poñer a proba a vosa coordinación! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste facer coas vosas mans os emojis que se indican na pantalla. A continuación dous vídeos. Un cos emojis que vos indican os xestos que tedes que facer coa vosa man e o outro cun exemplo dunha persoa que o fai. Superades o reto?jejej Traballo da coordinación óculo – manual, do autocontrol e da confianza.
Aquí o enlace dos dous vídeos para que vexades en que consiste:
6. Reto: Actividade física ao aire libre!!
Unha nova dimensión dos retos. Neste caso, consiste en que salgades coa vosa familia dentro do horario no que está permitido e fagades calquera actividade física. Envía a túa foto ou vídeo calquera deporte ou actividade física fóra da túa casa… como por exemplo pasear, patinar, montar en bici, saltar, ou calquera deporte ou actividade que fagades.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comentarios