A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Bailamos!
Os nen@s bailaran esta canción de Coldplay con este orixinal videoclip coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse tod@s!!
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
2. Reto: Dalle a volta á tortilla!
Neste reto precisades dun coxín e un rollo de papel hixiénico.
No primeiro nivel do reto só tedes que usar o coxín. Colocádelo no chan e poñédesvos de pés sobre el. Agora, tedes que darlle a volta, sen pisar fóra del e sen tocar cos pés sobre a superficie do chan nin apoiarse sobre ningún obxecto. Conseguirédelo?
O segundo nivel do reto, é facer o mesmo, pero agora cun rollo de papel hixiénico na cabeza. O obxectivo é darlle a volta ao coxín sen que caia o rollo ao chan e sen pisar cós pés fóra do coxín nin apoiarse sobre nada. Este é un pouquiño máis difícil… Ánimo!!! Traballo do equilibrio, da coordinación e do equilibrio con obxectos.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.
3. Reto Vasoira Broom Challenge
Reto individual no que precisades do pau dunha vasoira. Neste caso tedes que dar a volta ao redor do voso corpo co pau da vasoira sen soltalo en ningún momento das dúas mans. Este é un reto algo complicado… Conseguiredes supéralo? Traballo do equilibrio, da coordinación, dos xiros e da flexibilidade.
Aquí vos deixo o enlace cun vídeo para que vexades como é o reto a modo de exemplo e a continuación outro, cos pasos máis detallados:
4. Reto: Cupid Suffle Plank Challenge
Propóñovos este reto moi similar a un que fixemos semanas atrás. Nesta ocasión podedes facelo unha soa persoa, dúas, tres ou incluso toda a familia se vos animades! O reto consiste en facer os pasos do seguinte vídeo seguindo o ritmo da música de xeito coordinado. Vendo os retos que tedes superados, estou seguro que este tamén o pasaredes con nota!!jejej Adiante!! Traballo da coordinación, do equilibrio, da lateralidade, ritmo e autocontrol.
Aquí o enlace dun vídeo para que vexades cales son os distintos pasos:
5. Reto: Cambio de cadeira
Propóñovos este reto. Precísase de dúas cadeiras. O reto consiste en cambiar dunha cadeira a outra sen empregar as mans nin tocar cos pés no chan. Se facedes iso, debedes comezar de novo o reto. Non é fácil e seguro que haberá que practicalo un pouquiño! Traballo da coordinación, do autocontrol así como da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Sara, cun exemplo para que vexades en que consiste:
6. Reto O puño e a palma
Propóñovos este reto individual que se chama o puño e a palma. Nel temos que colocar as mans na disposición que se fai no vídeo e ir cambiando a disposición das mans segundo dúas versión. A difícil, de forma lenta, e a moi difícil de forma rápida. Parece moito máis fácil do que é… seguro que botaredes unhas risas!! A continuación deíxovos un vídeo dunha compañeira, Laura, para que vexades como é o reto. Traballo da coordinación óculo – manual, da lateralidade, do autocontrol e a confianza.
Aquí o enlace do vídeo para que vexades en que consiste:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments