top of page
Buscar
Alberto

2º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 15 ao 18 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.

Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.

Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.

Moito ánimo nesta última semana de curso!


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Reto: A carreira da auga!!

Aquí vos deixo un divertido e refrescante reto!! Precísase dunha persoa adulta para facer unha carreira. O reto consiste en que na saída ou punto de inicio da carreira teredes un cubo con auga. Cada persoa debe ter unha esponxa. Na meta ou punto de regreso haberá dous recipientes (un enfronte de cada participante). O reto consiste en facer carreiras de ida e volta enchendo a esponxa de auga e escurríndoa no recipiente individual de cada persoa. Así durante 2 minutos aproximadamente. Gañará a persoa que ao rematar o tempo, reuna máis cantidade de auga no seu recipiente. Animádevos, é un reto moi divertido!jajaj

Como variante podedes cambiar a forma de desprazarse. Facelo á pata coxa, en cuadrupedia, … Tamén podedes usar vasos de plástico reutilizados de iogures por exemplo, no lugar de esponxas. Traballo dos desprazamentos e da coordinación.

2. Reto: Patíns en panos

Reto no que se precisa de dous panos/dúas toallas ou calquera outro obxexto similar que teñades nas vosas casas e poidades usar para este reto. O xogo consiste en que o nen@ ten que desprazarse deslizando os panos polo chan e sen pisar fóra deles e transportar 3 obxectos dun lugar a outro. Se queredes, como variante, tamén podedes facer unha carreira entre o nen@ e unha persoa adulta. Ánimo!! Traballo dos desprazamentos, da coordinación e dos xiros.

A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo, dun compañeiro de EF:

3. Reto: Pesca o macarrón!

Para o seguinte reto precisades dun vaso, macarróns e dun spaghetti ou un pauíño dos que se poden usar por exemplo para facer un pincho moruno. Neste caso tedes que coller o spaghetti coa boca e ir collendo os macarróns de un en un e deixalos no vaso, coma se fósedes de pesca. Tedes que tratar de conseguilo no menor tempo posible. É un reto no que seguro que vos pegades unhas risas! Moito ánimo! Traballo da precisión, da coordinación e do autocontrol.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, para que vexades en que consiste o reto:

4. Reto: Globotoalla

Para o seguinte reto precisades dun globo cheo de auga e dunha toalla. Tamén precisades da axuda dunha persoa adulta para formar unha parella. Tedes que coller a toalla polos extremos, colocar o globo enriba dela e mantear o globo ao aire e recollelo sen que vos caia. A medida que vos vaia saíndo podedes aumentar o número de globos e xogar con dous, con tres,… Seredes quen de que non vos explote ningún globo e vos molle!!jejej Traballo dos lanzamentos e recepcións, da precisión e da coordinación óculo – manual.


5. Reto: Torre de cartas

Vamos poñer a proba unha vez máis, a vosa precisión. Neste reto tedes que facer unha pequena torre de cartas con dúas de base e unha por enriba. Se vos resulta moi sinxelo podedes probar e facer tres de base, dúas por enriba e finalmente unha arriba de todo. Conseguirédelo? Estou seguro de que a resposta será que si! Moito ánimo!!! Traballo da coordinación óculo – manual, da motricidade e da precisión.

No voso caso NON tedes que ter o rollo de papel hixiénico en equilibrio na cabeza como no exemplo do vídeo que vos deixo.

Aquí o enlace do vídeo, do compañeiro de EF David Vera, para que vexades en que consiste e os pasos do reto:

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

9 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page