A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Bailamos!
Os nen@s bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun vídeo con algunas ideas, vós podedes facer os vosos pasos!! Moito ánimo e a moverse!!
2. Reto: Flex Challange
Vamos poner a proba a vosa flexibilidade! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste en tombarse no chan boca abaixo e intentar levantarse sen usar as mans! É bastante complicado!jejej Sodes capaces de conseguilo? Moito ánimo!! Traballo dos xiros, do control postural, da coordinación, a flexibilidade e da confianza.
Aquí o enlace dun vídeo cun exemplo para que vexades en que consiste:
3. Reto “A serpe”
Reto individual no que precisades dunha vasoira e por exemplo de varios rollos de papel hixiénico sobre os que apoiar a vasoira, coma se formase un limbo sobre o que hai que pasar sen tiralo reptando polo chan. Cantas veces sodes capaces de pasar nun só minuto? Intentade superar o voso propio récord!jejejej Traballo dos desprazamentos, coordinación e control postural.
Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dun compañeiro de EF, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:
4. Reto: Sock Challange
Neste reto, os nen@s terán que intentar poñerse o maior número de calcetíns nun só pé nun tempo total de 2 minutos. Cantos calcetíns sodes capaces de poñer? Conseguides superar o voso propio récord? Estou seguro que si!jejej Ánimo con eses intentos!! Traballo da coordinación óculo – manual e da motricidade.
Aquí vos deixo un vídeo a modo de exemplo con este divertido reto:
5. Reto Atrapa o folio coa boca
Reto individual no que precisades dun folio e un rollo de papel hixiénico. Colocamos o rollo no chan, doblamos a folla pola metade en vertical e colocarémolo sobre o rollo de papel hixiénico. Nun primeiro momento intentamos coller o folio cos dous pés apoiados no chan. Logo, daremos un pasiño máis, e intentaremos collelo coa boca pero desta vez apoiando só un pé, é dicir, á pata coxa. Moito ánimo con este reto!!
Se o conseguides e queredes intentar o paso máis complicado, sería poñendo o folio sobre o chan, sen o rollo de papel. Traballo do equilibrio, da coordinación e do control postural.
Aquí vos deixo o enlace cun vídeo dunha compañeira de EF, a profe Laura, para que vexades como é o reto a modo de exemplo:
6. Xogo “Simón di…”
Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. Unha persoa fai de director/a. O seu obxectivo é confundir á outra persoa.
É dicir, por exemplo a persoa adulta comeza como directora e o nen@ ten que facer o que esta lle diga. A persoa dulta ten que “Simón di…” e logo a orde. Por exemplo “Simón di sentámonos”. E o nen@ ten que sentarse. A persoa adulta agora di “Simín di leantámonos” e o nen@ ten que levantarse. OLLO que se a persoa adulta NON DI “Simón di…” e tan só di CORREMOS e nen@ corre. Confundiríase. Cada vez que un se equivoque cambian de rol e agora o nen@ pasa a ser director. Gañará a persoa que menos se equivoque en 5 minutos. Traballo da coordinación, dos desprazamentos, do autocontrol e da confianza. Proposta dun compañeiro e referente da EF como “Kisco”, agardo que vos guste o xogo.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comentarios