top of page
Buscar
Alberto

2º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 1 ao 5 de xuño.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Reto: Quentando motores

Propóñovos este reto para comezar e activar o noso corpo. Tedes que facer os movementos que se proponen no vídeo. Estou seguro de que o lograredes! Traballo dos desprazamentos, saltos, xiros e coordinación entre outros.

A continuación deíxovos o vídeo para que vexades en que consiste o reto:


2. Reto: Carreira de toallas

Propóñovos este reto para o que necesitades unha toalla. Tedes que sentarvos enriba da toalla e intentar desprazarvos sen usar as mans dende un punto de saída ata unha meta. Podedes facer a carreira contra outra persoa ou contra vos mesm@s cronometrando o tempo e tratando de facelo máis rápido no seguinte intento.

Podedes facer a carreira ao mellor dun intento, de dous, de tres,… como vós pactedes. Moito ánimo!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.

Aquí o enlace duns vídeos para que vexades rápidamente en que consiste, no segundo tedes un exemplo dunha carreira:


3. Reto: Equilibristas!!

Reto individual no que se necesita un rollo de papel hixiénico. Neste caso consiste en que o nen@ transporte un rollo de papel hixiénico enriba da súa cabeza sen que lle caia ao chan. Cando lle caia, volve a colocalo enriba da cabeza e reinicia o desprazamento. Podedes facer unha pequeña carreira por parellas, por exemplo cunha persoa adulta da casa. Traballo dos desprazamentos, da coordinación e do equilibrio.


4. Reto: Leg challenge

Propóñovos este reto viral no que non precisades de material. Nel, consiste en que vaiades poñendo unha das vosas pernas, en diferentes alturas como fan no vídeo que vos deixo a modo de exemplo a continuación. Coma se fósedes a agulla dun reloxo tedes que ir situando a vosa perna a diferentes alturas. Que tal andades de flexibilidade?jejeje Ánimo!!! Traballo da flexibilidade, do equilibrio e do autocontrol.

Deíxovos un vídeo para que vexades de xeito claro e rápido como se fai.

5. Reto: Xiro challenge

Para o seguinte reto precisades dun rollo de papel hixiénico. Neste caso, tedes que colocálo enriba das costas, e sen usar as mans, tedes que intentar que faga un xiro de 180º e que quede de novo apoiado sobre as vosas costas sen que caia ao chan. Un dos retos máis difíciles… Seredes capaces de logralo?jejej Moito ánimo!!! Traballo dos xiros, do equilibrio da coordinación, da habilidade e do autocontrol.

Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dunha compañeira de EF, Silvia:

6. Reto: Folios de ritmos

Vamos poñer a proba a vosa coordinación e o voso ritmo! Propóñovos este reto que consiste en facer coas vosas mans e en parellas o ritmo coma o que tedes no vídeo. Podedes tamén proponer o voso propio ritmo.

Unha persoa da parella fai o ritmo inicial, e logo a outra vai repetindo todos os seus movementos. Cando rematedes, podedes cambiar os papeis.

Animádevos e facede o voso propio reto c ovoso ritmo!! Traballo da coordinación óculo – manual, do ritmo, do autocontrol e da confianza.

Aquí o enlace do vídeo para que vexades en que consiste:


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto


16 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page