A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s. De aquí en adiante as actividades serán voluntarias e non teñen que enviarme os traballos, vídeos ou fotografías.
Considero que logo dunha etapa dun gran traballo e esforzo por parte dos nen@s así como das familias, é máis que necesaria e merecida unha redución no número de propostas e de envío de actividades.
Estamos tamén nunha época na que en circunstancias normais estaríamos con diferentes excursións, organizando as actividades finais de curso, ... Polo que estas, son simplemente propostas que vos deixo para que compartades bos momentos de xogo e de actividade física durante o voso tempo libre como familia. Por último, agradecervos o voso compromiso e implicación ao longo de todos estes meses.
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: Bailamos!
Os nenos bailaran esta canción da banda sonora da película Trolls coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento. Moito ánimo e a moverse todos!!
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
2. Reto: A “guerra” da auga!!
Aquí vos deixo un divertido e refrescante reto!! Coa axuda das vosas familias, debedes encher varios globos con auga e logo facer a vosa particular “guerra” de auga! Veremos quen acaba máis mollado! Animádevos, é un reto moi divertido!jajaj Traballo dos desprazamentos, dos lanzamentos, da precisión e da coordinación xeral.
3. Reto: Globorace Challenge!
Reto no que se necesita un globo. Debemos inflalo e logo desprazarnos con el entre as pernas dunha lugar a outro, sen que nos caia nin nos estoupe. Sodes capaces de andar?jajaj
Logo, precisase dunha persoa adulta para facer unha carreira e ver quen chega antes ao punto de meta. Ánimo con este divertido reto! Traballo dos desprazamentos e do control postural.
4. Reto: Curling Challenge
Para o seguinte reto precisades de tres rollos de papel hixiénico. Neste caso, tedes que tratar de deixalo o máis próximo posible ao outro extremo da mesa, sen que caia ao chan, lanzando os rollos de papel coma no vídeo que vos deixo de exemplo. Traballo dos lanzamentos, do autocontrol, da precisión e da coordinación óculo – manual.
Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dun compañeiro de EF, o profe David, para que vexades en que consiste o reto:
5. Reto: Cómete o chocoolate
Propóñovos este reto para rematar e recuperar forzas. Tedes que colocar unha onza de chocolate como vedes no vídeo e tratar de cómela sen usar as mans! Seguro que o conseguides!
A continuación deíxovos o vídeo dunha compañeira de EF, a profe Silvia, para que vexades en que consiste o reto:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Commenti