A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Actívate!
Nesta proposta deíxovos o enlace dun vídeo de Gymvirtual, no que podedes seguir diferentes exercicios de quecemento para activar o voso corpo durante este período. Traballo de coordinación, desprazamentos, saltos, entre outos.
2. Reto: O Triatlón da casa
Propóñovos este reto viral de internet para todos os nen@s do cole. Os nenos poden gravarse facendo o seu propio triatón dentro da casa. As probas serán simular que están nada, andar ou simular o ir en bici e por último a carreira a pé ou a súa simulación. Agardo que saquedes toda a vosa creatividade e imaxinación!!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.
Aquí o enlace dun vídeo no que se simula esta especie de triatlón:
3. Reto: o limbo
Para esta semana deíxovos un reto, consiste en facer o xogo do limbo. Para iso podedes empregar por exemplo, dende o mango dunha basoira ata un fío de lá. Consiste en que tedes que pasar por debaixo del sen tocarlle. Conseguirédelo? Traballo da coordinación, flexibilidade e control postural.
4. Bailamos...nova coreo!
Os nenos bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.
Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.
Aquí o enlace dun vídeo con algunas ideas, vós podedes facer os vosos pasos!! Moito ánimo e a moverse!!
5. Xogo "A corda".
Con 2 botes de iogur líquido e un anaco de corda ou lá poden construír a súa propia corda. Que formas de saltos podedes propoñer?, Sodes capaces de saltar máis dunha persoa á vez?, Cal é o número máximo de saltos que conseguístedes?, Sodes capaces de saltar dándolle á corda para atrás?. Ánimo! Traballo de saltos, cordinación así como da autoconfianza.
6. Pares ou nones
Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. O xogo consiste no tradicional pares ou nones sacando as dúas persoas a man á vez e cos nº de dedos que queira. Logo sumamos o nº de dedos que sacaron as dúas persoas e dependendo do resultado, gañará a persoa que escolleu pares ou nones. Por exemplo: Se eu elixo pares, e saco 3 dedos da miña man e a outra persoa 4. A suma de todos eles é 7, un nº impar. Polo que a persoa que xoga contra min, conseguiría 1 punto.
Podedes establecer que gañe a persoa que antes consiga 5 puntos. Traballo da relaxación, do autocontrol e da confianza.
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments