top of page
Buscar
Alberto

1º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 25 ao 29 de maio.

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


1. Reto: Propón o teu reto!!

Unha nova dimensión dos retos. Propón o teu reto!!! Esta actividade consiste en que propoñades un reto coma os que fixemos ao longo destas semanas, pero neste caso a proposta é vosa, polo que tedes total liberdade para deseñar e enviar o voso reto. Estou seguro que sairán retos increíbles!!!

2. Reto: Somos de goma

Reto individual no que se necesita axuda dunha persoa adulta. Neste caso consiste en que o nen@ a través do seu corpo e coa axuda de outros obxectos que teñades nos vosos fogares ou mesmo de outra persoa, faga as letras do seu nome unha por unha. O reto consiste en sacar diferentes fotos a cada “letra” e logo ver como queda o nome do nen@ feito co seu corpo e a axuda de algún obxecto ou persoa. Animádevos con este divertido reto!! Traballo da expresión corporal, da coordinación, dos xiros, entre outros.

A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:

3. Reto das zapatillas

Ao longo dun corredor da casa ou de un espazo con algo de amplitude, temos que colocar unha ou dúas zapatillas con distintas disposicións (exemplo no vídeo). Logo o nen@ fará ese recorrido (non será moi longo) saltando e colocando os seus pés na mesma disposición na que están situadas as zapatillas. Traballo dos desprazamentos, saltos, xiros e coordinación óculo – pé entre outros.

A continuación deíxovos o vídeo dun compañeiro de EF, Fabián, para que vexades en que consiste:

4. Reto: Emoji Challenge

Vamos poñer a proba a vosa coordinación! Propóñovos este reto viral de internet. O reto consiste facer coas vosas mans os emojis que se indican na pantalla. A continuación dous vídeos. Un cos emojis que vos indican os xestos que tedes que facer coa vosa man e o outro cun exemplo dunha persoa que o fai. Superades o reto?jejej Traballo da coordinación óculo – manual, do autocontrol e da confianza.

Aquí o enlace dos dous vídeos para que vexades en que consiste:


5. Reto: Somos cerebritos/as

Neste reto, trátase dun xogo de memoria para os nenos de 1º. Precisamos da axuda dunha persoa adulta para elaborar o material. Necesitamos 10 tapóns. Logo con pequenos papeis en forma de círculo para poñer por dentro dos tapóns, temos que facer parellas de debuxos. A continuación, colocámolos dentro dos tapóns, poñémolos boca abaixo, mesturámolos e por último, o máis importante… comezamos a xogar!! Traballo da coordinación óculo – manual, da motricidade, da memoria e da construción dos propios materiais de xogo.

Aquí vos deixo un vídeo a modo de exemplo de como levar a cabo o reto:

6. Reto: Actividade física ao aire libre!!

Unha nova dimensión dos retos. Neste caso, consiste en que salgades coa vosa familia dentro do horario no que está permitido e fagades calquera actividade física. Envía a túa foto ou vídeo calquera deporte ou actividade física fóra da túa casa… como por exemplo pasear, patinar, montar en bici, saltar, ou calquera deporte ou actividade que fagades.

Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

10 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page