top of page
Buscar
Alberto

1º Educación Primaria - Proposta de actividades semana do 20 ao 24 de abril

A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nenos de 1º, tratando de ter en conta as limitacións espaciais das vivendas, as posibles limitacións de materiais para a práctica así como de persoas á hora de facer as propostas.

Procurando tamén ter en conta as especiais circunstancias para as familias durante este período no que moitas continúan traballando, non todas dispoñen de materiais informáticos e tecnolóxicos, non todas poden axudar aos seus fillos e fillas... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.

Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.


1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

1. O reto do papel hixiénico

Aquí vos deixo o enlace dun vídeo coa idea dun compañeiro de EF no que se propón un reto moi divertido. Con 6 rolos de papel hixiénico o neno ten que intentar colocalos formando unha torre tendo sempre apoiada unha man sobre o chan. Moi divertido! Traballo da coordinación óculo - manual e da lateralidade.


2. Pelotas malabares

Os nenos poden facer as súas propias pelotas malabares con globos e grans de arroz. Logo poden facer diferentes xogos manipulativos con elas, por exemplo o das pelotas malabares, intentando mantelas no aire sen que caian ao chan.

Traballo da coordinación óculo - manual, autoconfianza e creación dos propios materiais de xogo.

Aquí o enlace dun vídeo no que explica de xeito moi claro os pasos a seguir:



3.Os obxectos da casa

Os nenos desprázase libremente polo espazo e a persoa adulta di diferentes obxectos. Se por exemplo di sofá, o neno ten que tocar o sofá o máis rápido posible e así sucesivamente. Traballo dos desprazamentos e da organización espacial.

Podedes poner esta canción de fondo e que o nen@ baile e se mova libremente ata que se pare a canción e se diga o nome do obxecto.



4. Pedra, papel e tesoira

Nesta actividade precísase dunha persoa adulta. O xogo consiste no tradicional pedra, papel e tesoira sacando as dúas persoas a man á vez e facendo o xesto característico que representa a cada unha das opcións. Podedes establecer que gañe a persoa que antes consiga 3 puntos. Traballo da relaxación, do autocontrol e da confianza.


5. Bailamos...nova coreo!

Os nenos bailaran esta canción coa finalidade de gozar e expresarse a través do movemento.

Traballo da desinhibición, expresión corporal, autoconfianza e autoestima.

Aquí o enlace dun vídeo con algunas ideas, vós podedes facer os vosos pasos!! Moito ánimo e a moverse!!


6. O penalti de balonmán

Norma: lanzar coa man. Nesta actividade podedes facer unha pelota con papel de periódico e cinta. Establecedes un punto de lanzamento e marcades unha portería por exemplo con dúas botellas ou outros dous obxectos. A continuación tirades o penalti tratando de meter gol. Variante: Podedes facelo cunha persoa na portería. Lanzar con ambas mans (tamén coa menos hábil motrizmente). Estou seguro que meteredes moitos goles!! Traballo da coordinación óculo - manual, dos lanzamentos e recepcións e da lateralidade.


Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:

albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com

Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.


Grazas pola súa colaboración e saúdos!


Alberto

12 visualizaciones0 comentarios

Comments


Post: Blog2_Post
bottom of page