A continuación, deíxolles novas propostas para esta semana para os nen@s, tratando de ter en conta as circunstancias especias deste período... polo que se tratará de ter sempre a máxima comprensión con todas as situacións.
Estas son diferentes propostas entre as que podedes escoller unha e levala á práctica. Podedes enviarme vídeos ou fotografías aos enderezos electrónicos que tedes á vosa disposición. Estarei encantado de recibir os vosos traballos.
1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
1. Reto: Quentando motores
Propóñovos este reto para comezar e activar o noso corpo. Tedes que facer os movementos que se proponen no vídeo. Estou seguro de que o lograredes! Traballo dos desprazamentos, saltos, xiros e coordinación entre outros.
A continuación deíxovos o vídeo para que vexades en que consiste o reto:
2. Reto: Carreira de toallas
Propóñovos este reto para o que necesitades unha toalla. Tedes que sentarvos enriba da toalla e intentar desprazarvos sen usar as mans dende un punto de saída ata unha meta. Podedes facer a carreira contra outra persoa ou contra vos mesm@s cronometrando o tempo e tratando de facelo máis rápido no seguinte intento.
Podedes facer a carreira ao mellor dun intento, de dous, de tres,… como vós pactedes. Moito ánimo!! Traballo dos desprazamentos e da coordinación.
Aquí o enlace duns vídeos para que vexades rápidamente en que consiste, no segundo tedes un exemplo dunha carreira:
3. Reto: O “ovo” e a culler
Reto no que se precisa dunha culler e un ovo (neste caso, mellor unha pelota de ping-pong, unha mandarina,… algún obxecto que ao caer non lle rompa ao nen@). Consiste en coller a culler coa boca e desprazarse co “ovo” sen que lle caia. Logo podedes facer unha pequeña carreira entre as persoas da familias para ver que consegue chegar antes á meta. Ánimo!! Traballo dos desprazamentos, da coordinación, do autocontrol e dos xiros.
A continuación deíxovos un vídeo a modo de exemplo:
4. Reto: Equilibristas!!
Reto individual no que se necesita un rollo de papel hixiénico. Neste caso consiste en que o nen@ transporte un rollo de papel hixiénico enriba da súa cabeza sen que lle caia ao chan. Cando lle caia, volve a colocalo enriba da cabeza e reinicia o desprazamento. Podedes facer unha pequeña carreira por parellas, por exemplo cunha persoa adulta da casa. Traballo dos desprazamentos, da coordinación e do equilibrio.
5. Reto: Sopracanastra!
Reto individual no que se necesita dun obxecto que nos faga de “canastra”, unha mesa e tres boliñas ou pelotiñas de papel (poderían ser tamén de ping pong). Neste caso, o nen@ debe introducir as boliñas dentro da “canastra” soprando. Traballo da respiración.
Aquí vos deixo un vídeo dun compañeiro de EF, David Vera, para que vexades un exemplo:
6. Reto: Xiro challenge
Para o seguinte reto precisades dun rollo de papel hixiénico. Neste caso, tedes que colocálo enriba das costas, e sen usar as mans, tedes que intentar que faga un xiro de 180º e que quede de novo apoiado sobre as vosas costas sen que caia ao chan. Un dos retos máis difíciles… Seredes capaces de logralo?jejej Moito ánimo!!! Traballo dos xiros, do equilibrio da coordinación, da habilidade e do autocontrol.
Deíxovos un vídeo a modo de exemplo dunha compañeira de EF, Silvia:
Agardo que vos poidan ser de utilidade estes recursos. Poden comunicarse comigo a través deste blog, o espazo abalar ou dos enderezos electrónicos:
albertovf@edu.xunta.gal e albertovfeducacionfisica@gmail.com
Poden mandarme as tarefas, sacar fotos das actividades ou mesmo gravar os resultados e enviarmos.
Grazas pola súa colaboración e saúdos!
Alberto
Comments